Wednesday 24 de April de 2024

Rap, hiphop-soul, rhythm and blues e danzas urbanas no Festival das Ondas Urbanas de Fene


O certame, organizado pola Concellería de Cultura, traerá a Fene ao rapeiro García MC, ao grupo Street Dance Presto Vivace e á cantante Wöyza

Cun concerto didáctico a cargo do rapeiro García MC no CCRD de Perlío, comezará o vin- deiro venres 2 de outubro o Festival das Ondas Urbanas 2020. Organizado pola Conce- llería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, o certame incluirá tres es- pectáculos ao longo da primeira fin de semana do mes de outubro. Así, tralo concerto de

García MC do venres, o sábado 3 de outubro actuarán na Praza do alcalde Ramón José Souto González o grupo Street Dance Presto Vivace e, a continuación ese mesmo día, a cantante Wöyza. As entradas para asistir a calquera dos espectáculos poranse a disposi- ción do público o martes 29 de setembro ás 9.00 horas na páxina de Ataquilla (https://en- tradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/). Éstas serán gratuítas pero cada persoa só poderá reservar un máximo de dous pases, rexistrando os datos das dúas persoas que acudirán ao espectáculo.
O primeiro convidado ao Festival das Ondas Urbanas de Fene 2020 é García MC, músico de rap co-fundador de iniciativas como Dios Que Te Crew ou Nación Quilombo, entre ou- tras. Nesta que será a primeira función do ciclo, García MC presentará o seu concerto di- dáctico “A lingua galega na música rap” no que fai “un repaso, xunto cun Dj de hip hop de prestixio, pola historia do rap na nosa lingua; dende o pre-rap dos Resentidos ou Charly J até Dios Que Te Crew, chegando ao panorama actual de rap en galego con ducias de pro- postas de toda Galicia”. A actuación terá lugar o venres 2 de outubro a partir das 21.30 ho- ras no CCRD de Perlío e con aforo limitado (30 persoas).

O sábado 3 de outubro, o Festival das Ondas Urbanas de Fene trasladarase á Praza do al- calde Ramón José Souto Gonzalez onde se desenvolvera a partir das 20.00 horas o es- pectáculo “Danzas urbanas e os seus estilos” do grupo Street Dance Presto Vivace. Tráta- se dunha proposta interactiva de danzas urbanas hip-hop, popping, funky, dance-hall, waa- cking, sexy-style…. En “Danzas urbanas e os seus estilos”, as catro bailarinas adéntranse no mundo das danzas urbanas cunha pequena explicación didáctica de cada estilo para, a continuación, poñelo na práctica cunha serie de coreografías de cada estilo. “A arquitectu- ra coreográfica así como a riqueza visual e musical e a enerxía física quedan patentes na actuación producindo no público unha sensación agradable e un maior coñecemento da
cultura do baile”.
Unha vez finalizado o espectáculo de Street Dance Presto Vivace, o mesmo sábado 3 de outubro actuará tamén na praza do Concello de Fene a cantante, letrista e produtora gale- go-uruguaia Wöyza. Pioneira e referente no hiphop-soul e R&B en lingua española e gale- ga, Wöyza comezou a súa carreira musical en Vigo, en 2003, vencellada á escena hiphop estatal e portuguesa. En solitario, conta con dous LPs: “Pisando el suelo que ves” (2008) e “Pelea” (2016); tres EPs: “Siénteme”(2005), “Si/No” (2015) e “Tábula Rasa” (2019) así como unha infinidade de vídeos musicais, singles e colaboracións.
Ámbalas dúas actuacións –Street Dance Presto Vivace e Wöyza- desenvolveranse baixo carpa e con aforo limitado (146 persoas).
Todos os espectáculos do Festival das Ondas Urbanas de Fene desenvolveranse baixo a premisa da #culturasegura, con reserva de entradas, aforos limitados e estrito cumprimen- to das medidas de seguridade. Neste senso, dende a organización recomendan aos/ás asistentes acceder aos espectáculos con media hora de antelación á hora fixada para o seu comezo xa que a reserva de entradas perderá vixencia se non se está na fila de entra- da 15 minutos antes do comezo dos mesmos. A partir dese momento admitirase a entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible. Ademais, infórma- se de que, aos efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas asistentes poderán ser verificados pola organización para o acceso ao recinto.
En canto ás medidas hixiénico-sanitarias implantadas, lémbrase que haberá un punto de desinfección de mans e que o uso da máscara será obrigatorio en todos os espectáculos.

Ademais, non se permitirá o acceso con comida, bebida ou obxectos que poidan ser consi- derados perigosos pola organización. Por último, o público permanecerá sentado en cadei- ras individuais (non haberá para grupos de convivintes) durante todo o espectáculo no lu- gar que lle asigne a organización e realizará a entrada e saída de xeito ordenado seguindo as instrucións da organización..